[CES 2010] DXG presenta a primeira videocámara 3D de baixo custo

Imprimir Correo-e
Tecnoloxía - Hardware
Martes, 12 Xaneiro 2010 10:13

DXG 3D side

A estas alturas todos estaredes ao tanto de que neste CES 2010 a estrela foi o 3D. Que si televisores, Blu-rays, portátiles e demais parafernalia. Pero o gran problema para o usuario medio é como crear contidos en 3D para ver nesas supuestamente marabillosas pantallas de tres dimensións. Vale que algún fabricante como Sony ou Panasonic presentaron videocámaras 3D, pero son profesionais e a prezos prohibitivos. Aquí onde entra DXG, que anunciou a primeira videocámara 3D de baixo custo do mercado.

Por un prezo de $400 podes comezar a facer os teus primeiros pinitos no axitado mundo das tres dimensións. Iso si, polo momento só grava en resolución VGA, pero por $400 tampouco se poden pedir peras ao olmo. Ao seu favor, dicir que grava cun codec decente: M-JPEG. Ademais no prezo inclúese unha especie de marco 3D para poder ver eses vídeos en gloriosa 3D.

DXG tamén aproveitou o CES para presentar outras 3 videocámaras, pero esta vez de Alta Definición e en 2D. Trátase dos modelos DXG-A85 HD ($300), DXG-A80V HD ($250) e para rematar a DXG-590V HD ($200). A gran novidade que representan estes modelos, é que gravan de forma simultánea dúas versións do mesmo clip: unha en Alta Definición para conservar para a posteridade e outra en baixa resolución para que non teñas problemas á hora de subila a Youtube. Si señor, unha gran idea.


Font
Trackback(0)
Comentaris (0)Add Comment

Escriu un comentari

security code
Escriu els caràcters de la imatge


busy