Acer Aspire One 532, primeiro netbook de Acer con Pine Trail en xaneiro

Imprimir Correo-e
Tecnoloxía - Gadgets
Venres, 11 Decembro 2009 12:05

Acer Aspire One

Filtrouse a información do que será o primeiro netbook de Acer en chegar cos novos procesadores Intel Pine Trail, o Acer Aspire One 532 (AO532H).

Ata que Intel non faga a presentación oficial dos seus novos procesadores non haberá ningún portátil anunciado oficialmente, pero isto ocorrerá en xaneiro e ata entón todo o que digamos é “un rumor…” Pese a todo, este netbook Aspire One 532 chegará cunha pantalla de 10.1 pulgadas, unha resolución de 1024×600 píxeles ou de 1280×720 (seguramente a versión HD ready), o procesador Intel Atom N450 coa nova gráfica integrada Intel GMA 3150 que fai a súa debut nestes novos procesadores.

Por desgraza, a lista de características “especiais” acaba aquí, o resto é propio de calquera tipo de netbook . Cunha memoria RAM de 1GB, disco duro de 160GB e opcionalmente de 250GB, cunha batería de 3 celas, lector de tarxetas de memoria, webcam, 3 conexións USB, porto ethernet, conexión de auriculares e saída de vídeo VGA.

ao532h-04

Chegaría en xaneiro por uns 299 euros, en cores azul, vermellos, negro e plateado.


Font
Trackback(0)
Comentaris (0)Add Comment

Escriu un comentari

security code
Escriu els caràcters de la imatge


busy