Man on a Ledge: Novas inquietantes imaxes

Imprimir Correo-e
Entretenimiento - Cine
Domingo, 15 Xaneiro 2012 00:40

Xa adiantaramos fai uns meses o tráiler e poster de Man on a Ledge, o novo filme protagonizado por Sam Worthington que se estreará o 3 de Febreiro. Entertainment One, distribuidora do filme en Inglaterra, lanzou agora vía Heyuguys novas imaxes da película dirixida por Asger Leth, máis coñecido no mundo do documental que no cine de ficción, e que conta ademais cun reparto resonante: Elizabeth Banks​​, Jamie Bell​​, Edward Burns​, Ed Harris e Anthony Mackie.

A detallada sinopsis do filme, que basicamente engloba o que conta xa o trailer, é a seguinte:

Nick Cassidy (Worthington) foi un policía honesto.Agora está en prisión por un crime do que é inocente. Desesperado, aproveita a primeira oportunidade para escapar. Horas despois, afeitado e vestido cun traxe caro, atópase parado ao bordo dunha fiestra dun dos edificios máis altos de Nova York.

A medida que a xente amontóase na beirarrúa, a policía acordoa o área e acepta o pedido de Nick de falar coa bela negociadora Lydia Anderson (Banks).Pero Lydia non sabe que está sendo parte dun gran plan, un plan que podería darlles a ambos unha segunda oportunidade. Murmurándolle a un pequeno micrófono, Nick coordina o roubo dun diamante de 30 millóns, o mesmo polo que terminou no cárcere. Isto non é máis que o único xeito de probar a súa inocencia, pero necesita a axuda de Lydia antes que se lle acabe o tempo. Cando a súa identidade vese exposta, un equipo SWAT é situado nun dos teitos, listo para tomar a Nick. Lydia non está segura que el estea dicindo a verdade, pero si realmente o é, debe ser un traballo interno, o cal significa que un dos policías na escena quere a Nick morto. Con SWAT a piques de actuar, policías destruíndo evidencias que poderían salvalo e con Nick sen lugar onde fuxir, os seus chances de sobrevivir dilúense minuto a minuto.

Aínda cando o filme parecería non contar algo novo, promete moita tensión e un continuo suspenso que seguramente xogará cos nervios do espectador.

MAN ON A LEDGE GENESIS RODRIGUEZ y JAMIE BELL JAMIE BELL y GENESIS RODRIGUEZ ELIZABETH BANKS en MAN ON A LEDGE SAM WORTHINGTON, TITUS WELLIVER y JAMIE BELL MAN ON A LEDGE ED HARRIS y SAM WORTHINGTON en el set de MAN ON A LEDGE SAM WORTHINGTON en MAN ON A LEDGE




Font