Primeiras imaxes de Sinister con Ethan Hawke

Imprimir Correo-e
Entretenimiento - Cine
Venres, 13 Xaneiro 2012 02:03

Summit Entertainment lanzou as primeiras dúas imaxes de Sinister o filme protagonizado por Ethan Hawke cuxo estreo está previsto para o 24 de Agosto deste ano.

O filme céntrase nun escritor de novelas policiais en pugna por atopar a súa próxima gran historia. Para inspirarse se muda a unha casa na que antiguamente unha familia enteira foi masacrada e que contén máis dunha entidade sobrenatural que agora ameaza á súa propia familia mentres as claves sobre a verdade dos asasinatos poderían aínda residir na casa.

O guión, co- escrito con C. Robert Cargill, e a dirección deste filme, bastante similar en aparencia á famosa obra de Stephen King The Shining, está en mans de Scott Derrickson, coñecido por películas como The Day the Earth Stood Still e The Exorcism of Emily Rose.
O reparto complétase entre outros con nomes como Vincent D’Onofrio, James Ransone, Fred Dalton Thompson e Clare Foley

Aínda non hai vídeos dispoñibles como adianto pero seguramente non tardará en aparecer nestes días xa que algúns o consideran como un dos films máis esperados do ano. Desconfío un pouco de tanta ansiedade pero si confío en Hawke, un actor que malia algún que outro tropezo ben sabe elixir os seus proxectos.




Font